Cinema, actividades infantís e música para homenaxear a Luísa Villalta polas Letras Galegas

Todos os actos da programación elaborada pola Concellería de Cultura son gratuítas
Cinema, actividades infantís e música para homenaxear a Luísa Villalta polas Letras Galegas
Foto de archivo da ofrenda a Rosalía de Castro en Carril | G.S.

A Concellería de Cultura xa ten a programación lista para a conmemoración do Mes das Letras e, en concreto, do Día das Letras Galegas. A intención non é outra que divulgar a figura de María Luísa Villalta, a autora multidisciplinar á que se lle dedica este ano o 17 de maio.

 

Os nenos son os encargados de inaugurar o programa de actos con dos espectáculos infantís inspirados nos textos da homenaxeada. O primeiro é este sábado día 4 ás 12:30 no Salón García cos monicreques "Isaura e Tristán", creados pola compañía Urdime a partir do libro de Villalta "As chaves do tempo". A actividade organízase a través do programa de dinamización Falaredes.

 

O segundo espectáculo familiar é o sábado 11 na sala de conferencias do Auditorio, tamén ás 12:30 horas. A compañía Polo correo do vento pon en escena "Tinta de mar. Pequena biografía de Luísa Villalta", contacontos ilustrados.  Ese mesmo día pola tarde o Auditorio acollerá a partir das sete da tarde a décimo sexta edición do Festival das Letras Galegas Nós de Sobradelo. As formacións das escolas de baile, canto, gaita e percusión da asociación cultural vilagarciana interpretarán un repertorio preparado para a ocasión. Como entidade convidada actuará o grupo folclórico A.C.D. Dorna da Illa.

 

Os escolares tamén teñen o seu oco na programación das Letras o día 16 a partir das once da mañá. Alumnado de diferentes centros da cidade renderán homenaxe a Luísa Villalta cos seus traballos e espectáculos.

 

Cinema galego

Os amantes do cinema tamén teñen o seu oco na programación das Letras. O film de Álvaro Gago "Matria" podrá verse gratuítamente no Salón García o día 16 a partir das 20:30 horas. Una acto en colaboración co Cine Club Ádega.

 

A centralidade en Carril

O propio día das Letras Galegas as actividades centralizaranse en Carril a partir das once da mañá. Haberá pasarrúas e ás 12 tomará as rúas o baile tradicional da Escola Gato Negro e Malveiras. Ás doce e media terá lugar a ofrenda floral a Rosalía e os actos pecharanse na Praza da Liberdade co concerto de Xosé Duarte ás 13 horas.

 

Cabe recordar que, como ocorre ano tras ano, a programación complétase coa tradicional mostra bibliográfica na Biblioteca Municipal. O centro exporá ao público as obras que posúe sobre Luísa Villalta, tanto as escritas por ela como as que realizaron outros autores.

Cinema, actividades infantís e música para homenaxear a Luísa Villalta polas Letras Galegas

Te puede interesar