A Música, con M de Muller

A Música, con M de Muller
García, Varela y Barbosa presentaron el programa de actos I GONZALO SALGADO

O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca unha nova edición da "Semana da Muller e Cultura", nesta ocasión adicada ao mundo da música, con profesonais de destacada traxectoria, moitas de elas vilagarciáns, que conforman unha ampla programación.

 

Organizados pola área de Muller de Ravella, os actos comezarán o vendres 26 de abril, cun faladoiro que leva por título "A muller na música". Participará Guadi Galego, "unha das artistas máis recoñecidas da escena galega", en palabras da directora do CIM, Julia Barbosa; Patricia Hermida, manager de diversos grupos en auxe; Patti Castro, unha cantante vilagarcián moi comprometida co activismo musical; a "residente da Duendeneta" K Dj, unha das presenzas indiscutibles da escena festivaleira dos últimos anos; e a técnica de Iluminación Tere Tresandí, que abordará a súa labor nun mundo no que proliferan os homes. Estará moderado pola xornalista Teresa Cuiñas

 

Ao rematar, Catuxa Salom dará un concerto acústico. Todo se levará a cabo no Salón García, a partir das oito da tarde, con entrada de balde.

 

Rap feminista

O sábado, de 10 a 13 horas, será o turno da aprendizaxe cun dos dous obradoiros que inclúe o programa. Leva por título "Iniciación á música electrónica" e será impartido pola carrilexa Vicky Longa. O seguinte será con High Paw e trátase dun obradoiro de rap feminista cun nome moi evocador, "Dar resposta". Será o venres 3 de maio, de catro a sete da tarde.

 

 Ambos se levarán a cabo na Sala de Conferencias do Auditorio. Hai máis de vinte prazas e a inscripción pode facerse no correo electrónico muller@vilagarcia.gal. Xa está aberta para o primeiro e a punto de iniciarse para o segundo. É de balde.

 

Un ciclón de concertos porá fin, o venres 3 de maio, á Semana de Muller e Cultura. High Paw, Pauliña e K DJ, cunha sesión íntegra en feminino, porán os seus diferentes estilos sobre o escenario do Salón García. "Ven ben alegrarnos un pouco, tal e como está o mundo", reflexionou Barbosa. 

 

A edil de Muller, Tania García, animou a todos a participar e destacou a importancia de "visibilizar o papel da muller no eido cultural", poñendo en valor "a sorte" que ten Vilagarcía con eventos como o Festivala. "A maior parte dos carteis musicais están formados por homes", criticou García Sanmartín. O alcalde, Alberto Varela, reivindicou que "apoiar o feminismo debe ser de todos" e destacou o atractivo do programa. "Vilagarcía ten que presumir de talento feminino", sentenciou o rexedor.

A Música, con M de Muller

Te puede interesar